Santiago
Santiago
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1900. Cesou en xullo de 1902. Subtitulada “Revista literaria”, os seus primeiros números tiráronse os días 20, 22, 24, 26 e 28 de xullo. Estivo dirixida por Antonio Iglesias e contou con colaboracións dos máis relevantes escritores do momento. En 1901 editou cinco números e, en 1902, sacou os últimos baixo a dirección de Vítor Castro Rodríguez.