santiaguiño
santiaguiño
(< antropónimo Santiago)
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo decápodo de corpo alongado de ata 12 cm de lonxitude, con patas marchadoras sen pinzas, excepto as femias que as teñen no quinto par, rostro pequeno con tres dentes e de cor marrón parda. O caparazón e o telson son rectangulares. Vive en zonas infralitorais rochosas, ata os 50 m de profundidade, e pode atoparse no Mediterráneo e no Atlántico oriental. OBS: Tamén se denomina cabaleiro de Santiago, lagostino francés e moucho.