santo -ta

santo -ta

(< lat sanctu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Deus ou á relixión.

  2. adx

    Que é un atributo propio da divindade, na medida en que é sumamente venerable.

  3. adx

    Que se fai conforme á relixión ou á lei moral e que se considera xusto, piadoso ou recto.

  4. adx e s [RELIX]

    Que destacou pola súa virtude en vida, de xeito que chegou a ser modelo de perfección e como tal é declarado pola Igrexa digno de culto e invocado como intercesor, despois de ter falecido e como consecuencia da súa canonización. Se ben o Antigo Testamento aplicou o concepto a todos os fieis, axiña a palabra designou aos que levaron a cabo a esixencia moral. Entre todos, a Virxe recibe un culto especial, chamado hiperdulía. Veñen despois os apóstolos e evanxelistas, os mártires e os confesores, as virxes e as santas, que se conmemoran co culto da dulía, xeralmente o aniversario da súa morte. Desde antigo (s IV), porén, as diferentes igrexas estableceron unha festa conmemorativa de todos os santos. OBS: A forma santo emprégase diante dos nomes propios masculinos que comezan por vogal, excepto Santo Cristo de Fisterra, mentres que a forma san se emprega diante de nomes propios masculinos que comezan por consoante.

  5. adx e s

    Que destaca pola súa virtude moral ou pola súa paciencia.

  6. adx

    Aplícase a todos e cada un dos días da Semana Santa, que seguen ao domingo de Ramos.

  7. adx

    Que produce un efecto bo e saudable.

  8. adx

    Expresa énfase cando acompaña determinados substantivos.

    Ex: Pasou toda a santa noite chorando.

  9. s

    Imaxe que representa a un santo.

  10. s m

    Gravado ou estampa, aínda que non representen santos. OBS: Adoita empregarse en plural.

  11. s m
    1. Anteposto ao nome dun santo, día da súa festividade.

    2. Festa dun santo en que se celebra o día onomástico.

  12. s m [HIST]

    Sobrenome dado no s XVII a cada un dos puritanos ingleses máis intransixentes.

  13. s m

    Sala que se atopaba fronte ao santo dos santos no antigo tabernáculo e, despois, no templo de Xerusalén, separado por unha cortina, onde estaba o altar de ouro do incenso, a mesa dos pans da proposición e o candelabro dos sete brazos.

  14. s m [ZOOL]

    santa.

  15. s m pl

    novembro.

  16. santo dos santos [RELIX]

    sancta sanctorum.

  17. santo e sinal [BÉL]

    Xogo de palabras que serve aos sentinelas para identificar, sobre todo durante a noite, as roldas ou as persoas que se achegan ao lugar de garda. Formado por tres palabras (santo, sinal e contrasinal), varía cada día.

Frases feitas

  • 2 Ser mala persoa.

  • Baixar os santos do ceo. Blasfemar.

  • Facerlle perder a paciencia a un santo/Acabar coa paciencia a un santo. Desesperar a un.

  • Ser un santo 1 Ser boa persoa.