sat m*
sat m*
adx
[LING]
Aplícase ao grupo oriental de linguas do phylum indoeuropeo. Dentro deste grupo distínguense o indoiranio, o eslavo, o báltico, o armenio e o albanés. Por oposición ao grupo occidental ou centum (celta, xermano, itálico, véneto, grego e hitita), caracterízase pola palatalización dos fonemas guturais e, nun grao menor, dos labiovelares, ata a súa transformación, segundo as linguas, en articulacións africadas, fricativas ou sibilantes. Esta distinción procede da dobre forma orixinada a partir da palabra indoeuropea occidental *kmtom (‘cento’): en latín centum, palabra que lle dá nome ao grupo occidental, e en avéstico sat ə m, palabra que designa o grupo oriental.