satúrnido -da
satúrnido -da
(< lat científico Saturnida)
-
adx
Relativo ou pertencente aos satúrnidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos satúrnidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que inclúe bolboretas de gran tamaño (envergadura alar de ata 25 cm), de corpo peludo con espiritrompa reducida ou sen ela, ocelos moi visibles sobre as ás amplas e antenas bipectinadas. Algúns tecen casulos de seda. Son de costumes nocturnos e a maioría viven nos países tropicais, malia que son cosmopolitas. Os xéneros máis coñecidos son Saturnia, Attacus e Graellsia.