Saúl/Saula
Saúl/Saula
[ONOM]
Antropónimo que provén do hebreo Shâ’ûl ‘implorado, obtido coas pregarias’. Trátase dun dos numerosos homes hebreos que expresan agradecemento a Deus por un fillo longamente desexado. Segundo outra interpretación significaría ‘emprestado, ofrecido’ (enténdese que a Deus). A través da Vulgata chegou a variante Saulo, forma helenizada do hebreo, que deu como feminino Saula.