saxitaria

saxitaria

(< lat sagittarĭa‘frecha’)

Nome científico: [Sagittaria sagittifolia, Fam das alismatáceas]
s f [BOT]

Planta herbácea perenne, acuática, de 40 a 80 cm de altura. As súas follas poden ser lineares mergulladas, flotantes ovais e aéreas saxitadas. As flores son brancas ou un pouco rosadas, dispostas sobre un escapo en verticilos de tres. Crece en augas superficiais, nunha gran parte de Europa, e tamén se planta en xardíns.

Palabras veciñas

saxífrago -ga | saxitado -da | saxital | saxitaria | saxitárido -da | saxitario | Saxitario