Scinaia

Scinaia
[PROTISTA]

Xénero de algas, da clase das rodofíceas, de consistencia mucosa e cor rubia, que se fixan ao substrato por medio dun disco que remata nun eixe dividido. O eixe e as ramas teñen un corte cilíndrico. En Galicia destaca a presenza da especie S. furcellata, de ata 15 cm de lonxitude, que vive na zona mediolitoral, en costas protexidas.