Scleranthus
Scleranthus
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das cariofiláceas, perennes ou anuais, de talos ramificados e follas opostas e sen estípulas. Presentan inflorescencias en glomerulos, e as flores non teñen pétalos. En Galicia atópase a especie S. annus, que medra en terras secas.