Scolymus
Scolymus
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, con espiñas e capítulos con flores liguladas amarelas. O froito é en aquenio envolto por unha cuberta con escamas, practicamente desprovisto de vilano. En Galicia está presente a especie S. hispanicus, que medra en terras próximas ao mar.