Scorzonera
Scorzonera
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das asteráceas, de follas case sempre enteiras e lanceoladas ou lineais, e de capítulos cilíndricos, xeralmente amarelos. Crecen sobre todo nas marxes dos camiños, desertos, campos pedregosos e prados de Europa meridional. En Galicia está presente a especie S. humilis, de ata 40 cm de altura, que medra en lugares húmidos e a certa altura.