scrub*
scrub*
s
m
[ECOL]
Formación vexetal de rexións próximas ao trópico de Capricornio que se caracteriza por unha sabana seca e pechada, de arbustos e matogueiras espiñosas, perennifolios, alternando con almofadas de poáceas esclerofilas. Poden atoparse formacións análogas en sectores da Patagonia arxentina e do SO de África; o scrub típico está representado en todos os estados continentais de Australia en torno ao deserto central.