Scutellinia

Scutellinia
[FUNGO]

Xénero de fungos, da orde dos pecizais, con forma de copa pequena. En Galicia está presente a especie S. scutellata, co carpóforo dun diámetro de 1,5 cm, de cor vermella, e que medra desde o verán ata o inverno sobre madeira húmida. Apenas ten carne, polo que non se utiliza en cociña.

Palabras veciñas

Scutari | Scutari | Scutellaria | Scutellinia | Scutigera | Scutum | Scyliorhinus