SEAT
SEAT
Nome científico:
[Sociedad Española de Automóviles de Turismo]
Empresa dedicada á fabricación de automóbiles de turismo promovida polo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1949 e fundada en 1950 co nome de Sociedad Española de Automóviles de Turismo SA, coa participación de FIAT e seis bancos nacionais. En crise a partir de 1978, en 1980 o INI asumiu o control total e puxo en marcha un plan de salvamento. En 1982 asinouse un acordo de cooperación con Volkswagen e en 1986 vendeulle o 51% do capital a Volkswagen, que comezou en 1993 un drástico plan de reconversión e reestruturación industrial. En 1999 Volkswagen ampliou o seu capital ao 99,99% do total e a empresa pasou a denominarse SEAT, S.A. En 2002, dentro da nova organización do Grupo Volkswagen, integrouse no Grupo de Marcas de Audi.