Sebastián/Sebastiana

Sebastián/Sebastiana
[ONOM]

Antropónimo procedente do latín Sebastianus, derivado do grego sebastós, ‘digno de respecto, venerable’, que á súa vez procede de sébas, ‘veneración, reverencia’. Sebastós era un dos títulos que se lle daba ao emperador e aos membros da súa familia. Presenta as variantes Sebaschán e Bastián.