sebo

sebo

(

  1. s m [BIOQ/ALIM]

    Graxa sólida obtida por fusión e refinamento dos tecidos adiposos dos bóvidos ou doutro gando. Neste último caso, indícase o nome da especie da que procede. O sebo dos bovinos é branco ou amarelento, con olor e sabor característico e consistencia firme. O dos ovinos e o dos caprinos é máis branco e duro, pero ten un forte olor que fai que non sexa apropiado para a alimentación. É un alimento enerxético, difícil de dixerir. Se non se conserva de modo adecuado, protexido do aire e da luz, ponse rancio. Do sebo derretido obtense oleomargarina. O sebo emprégase tamén para facer candeas ou xabóns e na preparación de ungüentos.

  2. s m [FISIOL]

    Secreción lipídica de carácter excretor, que ao mesmo tempo lubrifica e impermeabiliza os pelos.

  3. s m

    Gordura ou exceso de graxa nas persoas.

Frases feitas

  • Ceo como sebo de carneiro. Ceo con nubes de aspecto algodonoso

  • . Darlle sebo ás canelas. Fuxir a correr

  • . Mar coma un sebo. Mar en calma

  • .

Palabras veciñas

sebe | sebeiro | sebíparo -ra | sebo | sebocistomatose | sebólito | Seborello