seca

seca

(

  1. s f

    Acción e efecto de secar.

  2. s f [CLIMAT]

    Situación climatolóxica anormal dun clima que consiste na escaseza de chuvia, humidade ou auga freática, producindo un desequilibrio hidrolóxico. Maniféstase en función do tempo, e distínguese da aridez, concepto aplicado a un espazo xeográfico. Encontramos os distintos tipos de seca: a seca meteorolóxica, que afecta aos niveis de precipitación; a seca hidrolóxica, que afecta aos niveis de auga nos encoros; e a seca agrícola que afecta á disponibilidade de auga para os cultivos.

  3. s f [XEOG]

    Oscilación periódica do nivel dun lago ou mar nun entrante da costa, golfo ou baía. Provocada pola diferenza de presión atmosférica entre dous sectores dunha masa de auga estacionaria ou pola acción dos ventos.

  4. s f [XEOG]

    Parte dun areal que queda descuberta na marea baixa.

  5. s f [LIT]

    Temática da literatura brasileira baseada no período en que a ausencia e carencia de chuvia ten como consecuencia graves problemas socioeconómicos, que provocaron fortes migracións na zona brasileira do sertão. Este problema reflectiuse na literatura brasileira polos escritores neorrealistas incluídos no ciclo do sertão.

Frases feitas

  • Ir á seca. Ir mariscar, aproveitar a marea baixa.

Refráns

  • Ano de seca, ano de seda.
  • En agosto secan os montes; en setembro, as fontes.

Palabras veciñas

Sebou ou S’bū | seburros | sec | seca | Seca de Castelo | secado | secadoiro