seda
(< lat saēta ‘pelo doporco’)
-
s
f
[ZOOL/TÉXT]
Filamento segregado polo verme da seda, fase larval do insecto Bombyx mori. O verme comeza a fiar ata facer o casulo, que se arranca das ramas cando se ten a certeza de que se formou a crisálida. A parede do casulo está formada por un longo filamento dobre de fibroína. No interior do casulo está a crisálida, que se se deixa seguir o proceso natural, transfórmase ao cabo de 15-20 días en bolboreta, que segrega un líquido que disolve a sericina do casulo e se abre paso cara ao exterior. Os casulos deste xeito furados non son utilizables para a fiadura normal da seda, polo que só se deixan saír bolboretas na cantidade necesaria para manter a reprodución. Para fiar, polo tanto, hai que matar a crisálida na operación de afogar o casulo, que se adoita practicar sometendo durante cinco minutos os casulos á acción do vapor de auga sobre un enreixado. A fiadura da seda consiste en desenrolar o filamento do casulo dun xeito semellante ao dun nobelo. A seda non traballada emprégase algunhas veces directamente na fabricación de tecidos, pero é máis normal sometela a unha serie de operacións que a transforman en seda elaborada ou seda traballada. A produción relativamente escasa da seda contribuíu a facela en todas as épocas unha fibra de luxo. Ata o s XIX o mercado mundial estivo dominado por China, aínda que tamén son países produtores Xapón, India, República Democrática Popular de Corea e Brasil. As orixes da historia da seda confúndense coas da civilización chinesa e xa hai representacións do verme de seda e do casulo nalgúns ideogramas do s XII a C. No s VIII, os musulmáns, que aprenderan a sericultura dos chineses, difundírona polo Mediterráneo. Houbo manufacturas importantes en Almería, Sevilla e Córdoba. O gran comercio da seda tivo lugar, durante toda a Idade Media, a través da denominada ruta da seda, que unía Antioquía e Tir con China. Ao mecanizarse o traballo da seda, Francia ocupou o primeiro lugar entre os países produtores de Europa e Lyon impúxose a todos os outros centros de produción. Despois da Primeira Guerra Mundial, os xaponeses foron os que encabezaron a produción da seda.
-
-
s
f
Fío elaborado co tecido do casulo do verme de seda.
-
s
f
Tecido feito con fío de seda.
-
seda artificial
Nome que recibía o raión.
-
seda salvaxe
Seda producida por outras eirugas, principalmente das bolboretas anterees, especialmente en China, India e Xapón. OBS: Tamén se denomina tussah.
-
s
f
-
s
f
Pelo groso e áspero de porco ou de xabaril que se usa para a fabricación de brochas e pinceis.
Sinónimos: serda. -
s
f pl
[ZOOL]
queta.
-
s
f
[MED]
Substancia filamentosa utilizada en cirurxía para facer suturas e ligaduras.
-
s
f
[ENTOM]
Filamento proteico continuo, segregado polas larvas de certos insectos, especialmente os lepidópteros ou bolboretas, e máis concretamente pola bolboreta da seda (Bombyx mori), cando confeccionan o envoltorio ninfal.
-
s
f
[ZOOL]
Escleroproteína líquida, que se endurece polas glándulas sericíxenas ou abdominais das fileiras de arácnidos (arañas, pseudoescorpións e ácaros). Coa seda constrúen arañeiras e confeccionan casulos para aloxar os ovos ou pequenas redes para transportar o esperma.
-
s
f
[BOT]
Pedicelo filiforme que sostén a cápsula dos mofos.
-
árbore da seda
[PLANTA]
Arbusto de 1 ou 2 m de altura, laticífero, de follas estreitamente lanceoladas, de flores brancas, recollidas en ramallos, e de froitos foliculares ovoides, acuminados e encrespados con púas, con sementes de plumaxe sedosa. De procedencia africana, atópase naturalizado en paraxes non cultivadas e en bosques despexados da terra baixa.
-
seda mariña
Seda producida por certos moluscos da familia dos pínidos, de grandes dimensións, que habitan no Mediterráneo. Consiste nuns filamentos entretecidos que unen as cunchas dos moluscos ás rochas.
Frases feitas
-
Como unha seda 1 Desenvolverse algo sen obstáculos.
-
2 Ser ou comportarse unha persoa de forma submisa.