sedimentación

sedimentación

(

  1. s f

    Acción e efecto de sedimentar.

  2. s f [BIOQ]

    Método empregado para a determinación de pesos moleculares de proteínas mediante unha ultracentrífuga, inventada por T. Svedberg, que as fai sedimentar aumentando a forza da gravidade unhas 250.000 veces.

  3. s f [ESTRATIG]

    Precipitación dos sedimentos que se acumulan formando estratos. A maioría dos materiais que proveñen da erosión e son arrastrados polo aire, auga ou xeo, rematan o seu curso cando chegan ás concas sedimentarias e se precipitan no fondo. Segundo os materiais se depositen en terra firme ou no fondo do mar, distínguense dous grandes tipos de sedimentos, os continentais e os mariños ou peláxicos. Nos sedimentos continentais distínguense: os sedimentos debidos á acción da gravidade nos que non intervén a auga; os sedimentos nos que o transporte é obra da gravidade, pero coa intervención da auga, que favorece o desprendemento; os sedimentos debidos ao transporte do xeo, que nalgunhas zonas polares chegan ao mar e pasan a formar parte dos sedimentos mariños; e os materiais transportados polo vento (loess e areas eólicas), característicos das zonas áridas.

  4. s f [FÍS/QUÍM]

    Propiedade dos coloides segundo a que as partículas de substancia insoluble se separan lentamente pola gravidade do medio líquido e se depositan no fondo do recipiente que os contén.

  5. [MED]
    1. s f

      Produción dun depósito de sedimento ou pouso.

    2. sedimentación globular

      Sedimentación que se produce nunha columna de sangue con citratos.

    3. velocidade de sedimentación

      elocidade de caída dos eritrocitos dunha columna de sangue con citratos, dentro dun tubo capilar. As cifras normais de velocidade de sedimentación globular (VSG) son ata 10 mm de columna á primeira hora e ata 24 mm á segunda hora.

  6. [QUÍM]
    1. s f

      Procedemento que se emprega na análise química inmediata para clasificar os corpos segundo as dimensións das súas partículas, baseado no feito de que canto máis grande é a súa masa máis rápida é a súa separación do fluído que as contén cando a suspensión é sometida a un campo de forzas, natural (como a gravidade) ou artificial (como na centrifugación).

    2. proba de sedimentación

      Procedemento para determinar a finura dunha materia poeirenta, que consiste en calculala a partir do tempo que tardan os seus grans en descender unha distancia determinada ao seo dun líquido determinado.

Palabras veciñas

Sedes | sedición | sedicioso -sa | sedimentación | sedimentador | sedimentar | sedimentario -ria