sedimento

sedimento

(

  1. s m

    Pouso formado pola precipitación de materiais en suspensión nun líquido.

  2. [ESTRATIG]
    1. s m

      Material sólido fragmentario, ou masa deste material, ben de orixe orgánica ou inorgánica, que se orixina da meteorización das rochas preexistentes. É transportada e depositada por aire, auga ou xeo, ou ben acumulada por outros axentes naturais, tales como a precipitación química a partir dunha solución, ou dunha secreción dos organismos vivos. Forma capas ou estratos sobre a superficie da terra dun xeito incoherente e non cimentado (por exemplo, area, grava, lama, lodo, till ou loess).

    2. sedimento mariño/peláxico

      Sedimento que se caracteriza pola falta de influencias continentais ou da terra e pola presenza de restos fósiles planctónicos e nectónicos. Os sedimentos peláxicos máis destacables son o lodo vermello ou pardo, o de radiolarios, o de diatomeas, o de pterópodos e os nódulos de manganeso.

  3. sedimento urinario [MED]

    Depósito sólido que aparece nos ouriños despois dun certo tempo de quedar en repouso.