sefardí
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos sefardís ou á súa lingua.
-
s
[HIST]
Individuo da comunidade sefardí.
-
s
m pl
-
[HIST]
Comunidade xudía establecida na Península Ibérica (Sefarad) e cada un dos seus descendentes ata a súa expulsión en 1492. O edicto de expulsión, promulgado polos Reis Católicos, marcou a gran diáspora dos xudeus hispanos que non aceptaron o bautismo. Establecidos primeiro en Portugal, marcharon aos Países Baixos e á costa mediterránea despois do edito de Manuel II de Portugal (1496-1497). A finais do s XIX algúns dirixíronse cara a América e, a partir de 1948, cara ao novo Estado de Israel. En 1990, as comunidades sefardís recibiron o Premio Príncipe de Asturias da Concordia.
-
[HIST/RELIX]
Grupo xudeu que, sen ser orixinarios de Sefarad, seguiron o rito litúrxico e mantiveron a pronuncia do hebreo.
-
[HIST]
-
s
m
[LING]
ariedade de español que falan os sefardís. Cómpre distinguir dous tipos: un español moi hebraizado na sintaxe e arcaico no vocabulario e na fonética que se utilizaba para as traducións bíblicas e certas obras litúrxicas, e o xudeoespañol, un español do s XVI que apenas sufriu cambios na súa pronuncia e estrutura, pero con influencias léxicas de linguas como o grego, o turco, o árabe, o francés e o italiano.