segregación
(< latsegregatĭōne)
-
s
f
Acción de segregar ou de segregarse.
-
s
f
[FISIOL]
secreción.
-
-
s
f
Separación de persoas por razón de raza, condición social, sexo e outros motivos dos demais membros dunha comunidade.
-
s
f
[MED]
Medida hixiénica dos países tropicais que consiste en illar ou separar aos inmigrantes dos indíxenas.
-
segregación racial /
[SOCIOL/POLÍT]
Tipo de racismo que consiste na separación dentro dunha comunidade de persoas dunha ou máis etnias.
-
s
f
-
s
f
[XEN]
Disociación da parella de xenes no proceso de maduración.
-
s
f
[IND]
-
Falta de homoxeneidade nas diferentes partes dunha aliaxe, de composición química diferente, a causa da diferenza nas temperaturas de fusión dos metais que a compoñen, que fai que o metal que cristaliza primeiro dea zonas máis puras.
-
Separación de compoñentes heteroxéneos durante a solidificación dunha aliaxe.
-
-
segregación de predios
[DER]
Operación que se practica no rexistro da propiedade, ben para separar unha parte do predio inscrito e inscribilo por separado ou ben para unilo a outro inscrito.
-
segregación municipal
[DER]
Modificación do territorio dunha xurisdición municipal separando un anaco, para unilo a outro concello colindante, ou anexando diferentes partes segregadas dunha pluralidade de concellos para facer un novo, tendo que contar, neste caso, coa vontade dos habitantes.