seléucida

seléucida

(< antropónimo Seleuco)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á dinastía seléucida.

  2. s [HIST]

    Membro da dinastía que reinou en Siria e nos territorios orientais do fraccionado imperio de Alexandre o Grande desde 312 a C ata 64 a C. Fundada por Seleuco I, converteuse nun dos imperios máis grandes do mundo antigo que se estendía desde o Mediterráneo ata a India e comprendía toda Asia Menor, Siria, Mesopotamia e Persia. Englobou as civilizacións máis diversas, sobre todo a potencia dominadora dos aqueménidas. Tras a morte de Seleuco I (280 a C), o imperio, centrado en Siria, foi perdendo pouco a pouco os territorios máis afastados. Renaceu baixo Antíoco III (223-187 a C), que recuperou algúns territorios, impúxose aos partos e aos gregos de Bactriana e penetrou en India. Antíoco IV mantivo a autoridade das provincias orientais, e desde Xudea fixo fronte aos exipcios. Tras a morte de Alexandre Balas (145 a C), o declive foi rápido e despois de 140 a C perderon Persia, Babilonia, Palestina e Líbano. Coa anexión de Siria polos romanos (64 a C) desapareceu.