selva

selva

(

    1. s f

      Bosque mesto e pouco alterado propio das zonas tropicais.

    2. selva nebulosa [ECOL]

      Bosque exuberante propio do nivel de néboas das montañas. É característica, sobre todo, dalgunhas montañas intertropicais.

    3. selva pluvial [ECOL]

      Bosque ecuatorial ou tropical húmido. As selvas pluviais ocupan as rexións cálidas con pluviosidade abondosa durante todo o ano. As comunidades vexetais selváticas son sempre arbóreas, con árbores moi altas, que forman diversos estratos, e cunha grande abundancia de lianas e de epifitos. A estrutura é complexa e a diversidade das especies é moi alta. A falta de luz é notable nos estratos inferiores e presentan plantas esciófilas. O ambiente está saturado de humidade, excepto os estratos máis elevados, onde as plantas presentan caracteres xerofíticos.

    4. selva virxe

      Bosque que non foi nunca explorado polo home.

  1. s f

    Lugar onde abondan cousas desordenadas.