semiótica
semiótica
(
-
s
f
[LING]
Ciencia que ten por obxecto o estudo dos signos. O termo no seu sentido actual foi introducido por J. Locke e estudado por F. de Saussure (que consideraba a lingüística como unha parte desta ciencia xeral), Ch. Morris e Ch. S. Peirce entre outros. Segundo a concepción de Peirce e Morris, en todo proceso semiótico existen: o vehículo do signo ou significante, o designatum, o denotatum, o interpretante e o intérprete; e a semiótica divídese en tres partes: sintaxe, semántica e pragmática.
Sinónimos: semioloxía. -
s
f
[MED/PAT]
sintomatoloxía.