senarmontita
senarmontita
(
s
f
[MINERAL]
Mineral de óxido de estimonio, Sb2O3. Cristaliza no sistema cúbico-hexoctaédrico, ten dureza 2 e un peso específico de 5,2-5,3 g/cm3. A súa cor é branca amarelenta, xeralmente áchase en forma masiva, e en Galicia atopámola en lugares como Seara, Folgoso do Courel, Cervantes.