seno
(
-
s
m
[MAT]
Función ODO definida pola asignación xDsen (x), onde sen(x) é o seno do ángulo que ten x radiáns. É unha función periódica de período 2ð, e o seu percorrido é o intervalo [-1,1]. É unha das seis funcións trigonométricas ou circulares, e está relacionada coa función coseno pola derivada d(sen x)/dx = cos x, d(cos x)/dx = -sen x. É indefinidamente derivable, e o seu desenvolvemento en serie enteira é
FORMULA -
m
función seno complexo
[MAT]
Función LDL definida pola asignación zD(e iz -e -iz )/2i. É unha das seis funcións trigonométricas complexas.
-
función seno hiperbólico
[MAT]
Función sh: ODO definida pola asignación xDsh x, onde sh x é o seno hiperbólico do número real x.
-
función seno hiperbólico complexo
[MAT]
Función sh: LDL definida pola asignación zD(e z -e -z )/2, onde e z é a función exponencial complexa. Satisfaise que sh z= -i sen(iz), e que sen z=(1/i) ch(iz), onde sen é a función seno complexo.
-
seno dun ángulo
[MAT]
Dados dous eixes perpendiculares x e y, e un segmento de lonxitude unidade OP que forma un ángulo á co eixe de abscisas x, valor da proxección de OP sobre o eixe y. Esta proxección é o seno do ángulo á, e é denotada mediante sen á. O seno do ángulo á determinado entre dous segmentos calquera é o seno do ángulo que, debuxado sobre este círculo goniométrico, ten a mesma abertura que á. Entre o coseno e o seno dun ángulo existe a relación fundamental cos 2 á +sen 2 á =1.
-
seno hiperbólico dun número real
[MAT]
Número real sh(x) que, dado un número real x, vén definido por sh(x) = (e x -e -x )/2.