sensible

sensible

(< lat sensibĭle)

  1. adx
    1. Que é capaz de experimentar sensacións.

      Ex: Os animais son seres sensibles.

      Sinónimos: sensíbel.
    2. Que se modifica segundo os axentes ou as influencias exteriores.

      Ex: Os dentes son sensibles ao frío.

      Sinónimos: sensíbel.
    3. Que é capaz de medir ou rexistrar magnitudes de pouca intensidade.

      Ex: Pesan nunha balanza moi sensible.

      Sinónimos: sensíbel.
  2. adx

    Aplícase á persoa que é facilmente afectada polos sentimentos.

    Ex: É unha persoa moi sensible.

    Sinónimos: sensíbel.
  3. adx

    Que se pode percibir a través dos sentidos.

    Ex: O mundo sensible percíbese polos sentidos.

    Sinónimos: sensíbel.
  4. adx

    Que se pode observar ou apreciar facilmente.

    Ex: Houbo unha sensible baixada das temperaturas.

    Sinónimos: sensíbel.
  5. adx

    Que produce sentimento de pena ou dor.

    Ex: Foi unha perda moi sensible.

    Sinónimos: sensíbel.
  6. nota sensible [MÚS]

    Sétimo grao da escala que se atopa a un semitón da tónica.