sensualismo

sensualismo

(< sensual)

  1. s m

    sensualidade.

  2. s m [ARTE]

    Tendencia a dar preponderancia aos elementos sensuais como un elemento de beleza, nunha obra de arte.

  3. s m [FILOS/PSIC]

    Modalidade do empirismo segundo a que todo coñecemento e toda a vida psíquica, se orixina nos sentidos e se reduce en último termo ás sensacións. Oponse tanto á interpretación metafísica do coñecemento como a calquera aceptación de elementos activos do suxeito. Presente xa no epicureísmo e en Oriente, na escola Chārvākā, foi modernamente formulado por T. Hobbes e E. B. De Condillac.

    Sinónimos: sensacionalismo.

Palabras veciñas

sensoriometría | sensual | sensualidade | sensualismo | sensualista | sentada | sentado -da