señor -ra

señor -ra

(< lat seniōre)

  1. s
    1. Persoa que ten dominio ou autoridade sobre algunha cousa. Considérase señor directo se ten a propiedade e a posesión da mesma.

    2. [HIST]

      Titular dun señorío, fose persoal, dominical, xurisdicional ou feudal. Durante a Idade Media, os señores exercían unha función preeminente, tanto sobre as clases inferiores como sobre a clase nobiliaria, pola relación contrafeita con eles. Así, o señor feudal era o nobre que concedía a outro nobre (vasalo, señor feudatario) unha terra en feudo, ou lle encomendaba un castelo, a cambio da prestación da homenaxe e satisfacción duns servizos determinados. O señor dominical recibía tamén a homenaxe dos seus vasalos non nobres, obrigados polo cultivo das súas terras a unha fidelidade e satisfacción das rendas e prestacións agrarias. En canto ao señor xurisdicional, substituía ao rei ou conde no exercicio de funcións de soberanía.

  2. s

    Persoa que ten autoridade sobre outra por razón do contrato con que esta se constituíu criado ou servente seu.

  3. s [SOCIOL]
    1. Persoa dunha certa posición ou rango social.

    2. Persoa que ten as maneiras, a distinción e a nobreza que son propias do alto rango social.

  4. s

    Persoa de idade madura.

  5. s
    1. Título que se antepón ao apelido dunha persoa casada ou viúva. OBS: Nesta acepción a súa abreviatura é Sr. ou Sra.

    2. Título que, por cortesía, se antepón ao nome, ao apelido ou ao título de calquera persoa á que se dirixa ou da que se fale. OBS: Nesta acepción a súa abreviatura é Sr. ou Sra.

    3. [RELIX]

      Título que se antepón ao nome dun santo.

  6. s m [RELIX]

    Título dado no Antigo Testamento a Iavé e que a tradición cristiá aplicou indistintamente a Deus e a Cristo, a partir dos escritos do Novo Testamento. O título chegou a substituír o mesmo nome sagrado de Iavé na lectura sinanogal da Biblia, costume que seguiu despois a tradición litúrxica cristiá. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula. Tamén se denomina Deus Noso Señor e Noso Señor.

  7. adx

    Que destaca polas súas calidades entre os da mesma clase.

Frases feitas

  • 2 Expresión coa que se indica a conformidade ou a satisfacción por algo.

  • Non señor. Expresión que se emprega para enfatizar unha negación.

  • Si señor 1 Expresión que se emprega para enfatizar unha resposta afirmativa.