seo

seo

(< lat sinu)

  1. [ANAT]
    1. s m

      Cavidade ou depresión do corpo.

    2. s m

      Conduto venoso dilatado, especialmente os situados dentro do cranio.

    3. s m

      Cada unha das cavidades aéreas dos ósos do cranio e da cara, etmoidal, esfenoidal, frontal e maxilar, que comunican coas fosas nasais.

    4. seo carotídeo

      Extensión do seo cavernoso no conduto carotídeo.

    5. seo carotídeo

      Pequena dilatación da arteria carótide primitiva que se localiza no punto onde esta se ramifica.

    6. seo costodiafragmático

      Seo pleural situado no lugar onde a pleura costal se converte en diafragmática.

    7. seo costomediasténico

      Seo pleural situado na unión do mediastino anterior e da pleura costal.

    8. seo venoso

      Dilatación do aparato circulatorio dos peixes e dos anfibios por onde entra sangue con CO 2 á aurícula.

  2. s m

    Oco que hai entre os peitos dunha muller.

  3. s m

    Cada unha das dúas mamas dunha muller.

    Sinónimos: peito, teta.
  4. s m

    Parte do corpo onde a muller leva ao neno concibido.

    Sinónimos: tero.
  5. s m

    Parte interior ou máis profunda de algo, especialmente non material.

  6. s m

    Ámbito en que un organismo ou institución exerce as súas actividades ou influencias.

  7. seo de Abrahám [RELIX]

    Expresión bíblica que fai referencia á felicidade dos xustos como recompensa na outra vida. Provén do costume, nos banquetes orientais, de colocar ao invitado de honra no coxín situado á dereita do anfitrión de tal forma que se puidese inclinar sobre o seu seo. A teoloxía tardía identifícao cos limbos.

Palabras veciñas

senufo -fa | senusí | Šenuti | seo | Seo de Nemiña | seoane | Seoane