Septimania

Septimania

Antiga rexión da actual Languedoc, próxima a Béziers, que recibiu este nome por establecérense nela soldados romanos veteranos da lexión Septima Gemina Felix. Despois foi incluída na provincia Narbonesa I. En época visigoda reapareceu o nome para indicar unha rexión bastante máis extensa, probablemente por incluír nela sete cidades episcopais: Narbona, Béziers, Agde, Magalona, Lodéve, Nimes e Uzés e, no s VI, Elna. Por confusión de límites coa provincia narbonesa, a miúdo tamén incluíu Toulouse e Carcassonne. Resistiu a conquista árabe, que non se produciu ata o 720; e pola conquista de Pepino o Breve en 759 quedou libre. Alí refuxiáronse moitos hispanos do sur dos Pireneos.

Palabras veciñas

septicémico -ca | septicida | séptico -ca | Septimania | septo | septo- | septoplastia