seráfico -ca
seráfico -ca
(< serafín)
-
adx
Relativo ou pertencente aos serafíns.
-
adx
[RELIX]
-
Relativo ou pertencente a san Francisco de Asís ou á orde franciscana.
-
Aplícase como epíteto a san Francisco de Asís polo feito de que a este se lle aparecera un serafín no monte Verna (1224), onde recibiu os estigmas da paixón.
-
-
adx
Que ten un talante tranquilo.
-
doutor seráfico
[RELIX]
Sobrenome dado a san Boaventura.