Sergipe
Sergipe
Estado de Brasil, situado na rexión NL, limitado ao N polo estado de Alagoas, ao L polo Atlántico e ao S e ao O polo estado de Bahia (22.050 km2; 1.784.475 h [2000]). A súa capital é Aracaju. De L a O distínguense tres rexións fisiográficas: a costeira, a central, constituída por unha chaira, e a occidental de terreos máis elevados que forman parte do escudo paleozoico brasileiro. O río máis importante é o São Francisco, navegable. A súa economía baséase nos cultivos de algodón, cana de azucre, millo, arroz e mandioca, e na gandaría bovina e ovina.