sermonario -ria
sermonario -ria
(< sermón)
-
adx
Relativo ou pertencente aos sermóns.
-
s
m
[RELIX]
Colección de sermóns. Consérvanse as dos grandes pais da Igrexa, como Oríxenes, Xoán Crisóstomo, Cromacio de Aquilea, Agostiño ou León o Grande. Cesáreo de Arlés (470?-543) creou sermonarios onde as pezas eran dispostas segundo a orde das festas do ano litúrxico.