sesaxesimal
sesaxesimal
(< sesaxésimo)
-
adx
[MAT]
Aplícase ao sistema de numeración de base 60, orixinario de Babilonia e empregado aínda para a medida de ángulos e do tempo.
Sinónimos: sexaxesimal. -
división sesaxesimal da circunferencia
[MAT]
División da circunferencia en 360° (ou do cuadrante en 90°), e na que cada grao se divide en 60 minutos e cada minuto en 60 segundos.