sesenta

sesenta

(

  1. cuant

    Seis veces dez.

  2. adx

    Que nunha serie ocupa o lugar número sesenta. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e equivale a sesaxésimo.

  3. s m

    Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábica represéntase por 60 e na romana por LX.

  4. sesenta e nove

    Termo coloquial co que se designa a postura sexual en que dúas persoas practican reciprocamente sexo oral.

Palabras veciñas

sésego | Seseli | Seseña | sesenta | sesentón -na | seseo | seses