Seta
Seta
[ASTRON]
Constelación boreal situada entre as de Hércules, Raposa, Delfín e Aguia. Contén 28 estrelas visibles sen telescopio, das que hai dúas de segunda magnitude e oito de terceira. A estrela principal, á-Sagittae ou Sham, é unha estrela superxigante de magnitude 2,37 e situada a unha distancia de 540 anos luz. Dos astros destacados da constelación cabe sinalar unha nova recorrente, catalogada como a N-Sagittae.