sete
(< lat sĕpte)
-
cuant
Número cardinal que equivale a seis máis un.
-
adx
Que ocupa o lugar número sete nunha serie.
Ex: Quedou de sete na carreira. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a sétimo.
-
s
m
Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 7 e na romana por VII.
-
s
m
Cousa que nunha serie vai marcada co número sete.
Ex: Vive no número sete da rúa Nova.
-
s
f pl
Sétima hora despois do mediodía ou de medianoite. OBS: Xeralmente vai precedida do artigo determinado as.
-
s
m
Rachadela na roupa que ten a forma do número sete.
-
sete costas
[PLANTA]
lingua de ovella.
-
sete e media
[XOGO]
Xogo de naipes no que cada carta ten o valor que representa, menos as figuras, que valen media.
-
sete na rama
[PLANTA]
2 solda.
Frases feitas
-
Sete estrelas do norte. Osa Maior.
-
Sete velo. Sete de ouros.
-
Sete linguas. Falangueiro.