Setenta, os
Setenta, os
Nome con que é coñecida a tradución grega máis importante do Antigo Testamento. Segundo a lenda, Ptolomeo II (285-244 a C) contou con 72 tradutores xudeus, seis de cada tribo, que lle traduciron a Biblia para a biblioteca de Alexandría. Admítese que a comezos do s III a C fíxose en Alexandría unha tradución grega do Pentateuco destinada principalmente á lectura sinagogal, e que posteriormente foron traducidos sucesivamente os outros libros históricos e os profetas, e desde aquí, a versión espallouse por todo o mundo xudeu de lingua grega. A versión dos Setenta foi usada nunha gran parte do Novo Testamento, e na maioría das igrexas cristiás.