sexismo

sexismo

(< sexo)

s m [PSIC]

Ideoloxía que sostén a división das persoas por razón da diferenza de sexos e a creación de tres identidades (masculina, feminina e homosexual), así como as normas de comportamento que corresponden a cada unha delas. O sexismo codifica como norma ideal as prácticas sexuais propiamente ditas, os comportamentos afectivos e as normas culturais. A xerarquización destas identidades, denomínase machismo, cando trata a masculina por enriba da feminina, e heterosexismo cando trata a relación heterosexual por enriba da homosexual.