sextante
(
-
s
m
[MAT]
Parte do círculo contida en 60°que se corresponde coa sexta parte.
-
s
m
[ASTRON/MAR]
Instrumento provisto dun limbo graduado e de dous espellos, un móbil e outro fixo, feito que permite medir a altura dun astro desde un barco ou desde un avión. O sextante mariño consta dun bastidor cun limbo graduado, na parte inferior, que alcanza un arco de 60° ou de 80°. A alidada xira ao redor dun eixe que pasa polo centro dunha circunferencia, que ten un limbo como arco, e leva no seu extremo un nonio que se despraza sobre a graduación do limbo. Perpendicularmente ao plano deste último hai dous espellos; un M, fixado na alidada e o outro, m, fixado no bastidor. Enfronte deste último espello e collida ao outro lado do bastidor, hai unha pequena lente, u. Unha variedade deste instrumento é o sextante de avión, dunha precisión moi inferior á do sextante mariño.
-
s
m
[NUMIS]
Antiga moeda de bronce correspondente á sexta parte dun enteiro, composta de doce unidades.