Sezession
Sezession
Tendencia artística dalgúns grupos, caracterizados polo abandono da tradición académica do s XIX e das asociacións artísticas oficiais e polo intento de renovar o gusto, aínda que sen ter elaborado unhas doutrinas ben definidas. O ideal do movemento corresponde ao do modernismo. Existiron en Múnic (1892), -onde destacou a figura de Franz von Stuck-, Berlín (1893) -con Max Liebermann- e Viena, (Wiener Sezession,1897), integrado polos arquitectos O. Wagner, J. Hoffmann e J. Olbrich, e os pintores G. Klimt, K. Moll e L. F. Graf, entre outros. En 1910 fundouse a Neue Sezession, integrado polos pintores novos que foran rexeitados pola Sezession de Berlin.