Shaanxi

Shaanxi

Sheng de China, na rexión do Noroeste (205.600 km2; 35.050.000 h [2000]). A súa capital é Xi’an. O sector meridional é accidentado polas serras Daba Shan e Qin Ling Shan, no setentrional álzase unha penechaira cuberta de loess e o central está ocupado polo val do río Wei He. Ao S o clima é subtropical e ao N continental seco. A agricultura concéntrase no val do Wei He.