shan

shan
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo shan ou á súa lingua.

  2. s

    Individuo do pobo shan.

  3. s [ETN]

    Pobo do grupo tai, orixinario de Nanzhao (Yunnan), que se estableceu ao NL de Birmania despois de que Khublai Khan destruíse o reino (1253). No s XVI, ante o novo estado Toungoo, conservaron certa independencia, que se converteu nunha débil autonomía cando os británicos ocuparon o país (1885). Coa promesa da independencia, uníronse ao novo estado de Myanmar (1947), pero privóuselles do dereito á autodeterminación e terminaron por constituír o estado Shan dentro da Unión de Myanmar (1948).

  4. s m [LING]

    Lingua do grupo tai-kadai do phylum áustrico que fala o pobo shan e nalgúns lugares de China e Tailandia.

Palabras veciñas

Shamforoff, Irwin Gilbert | Shamir, Yitzhak | Shamo | shan | Shan | shan* | Shandong