Sheffer, barra de

Sheffer, barra de
[FILOS/MAT]

Conectiva lóxica binaria coa que se poden expresar todas as outras conectivas clásicas. Se p e q son dúas proposicións, represéntase por p/q a dobre negación “nin p nin q”. A negación de p, “non p”, escríbese p/p e a disxunción, “p ou q”, escríbese (p/q)/(q/p).

Palabras veciñas

Shearer, Edith Norma | Sheberghān | sheet-flood* | Sheffer, barra de | Sheffield | Sheikhūpura | shekel*