sheriff*

sheriff*
s [DER]

Oficial administrativo, con funcións xudiciais, encargado de manter o cumprimento da lei nos condados e distritos, nos países anglosaxóns. En Inglaterra, Escocia e Irlanda do Norte representa a Coroa nos diversos condados, e en EE UU é un cargo electo que non ten case función xudicial. Fixado o seu carácter electivo (1300) e anual (1340), as súas funcións foron reestruturadas pola Sheriff Act (1877) e pola reforma dos County Courts (1934). Ata a abolición da pena de morte (1965) foi o encargado de executar esas sentenzas.