sherpa*
sherpa*
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo sherpa.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo sherpa.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de Nepal que habita nas zonas altas do Himalaia (entre 2.000 e 4.000 m de altitude). Procedentes do Tibet oriental, representan unha forma arcaica do lamaísmo. Moitos deles especializáronse como guías nas expedicións alpinistas e científicas. Confórmano uns 120.000 individuos.