shona
shona
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo shona ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo shona.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo que habita nalgúns territorios de Zimbadwe, Zambia, Moçambique e Malawi. Pobo agrícola, a súa economía familiar compleméntase coa cría de gando, a caza e a pesca, e a venda de obxectos de cestaría e olaría.
-
s
m
[LING]
Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo shona.