siderita
siderita
(< siderīte < grσιδηρῐτις <σίδηρος ‘ferro’)
s
f
[MINERAL]
Carbonato de ferro, de fórmula FeCO3, que cristaliza no sistema romboédrico, en cristais normalmente romboédricos ou en masas de gran fino ou groso. A súa dureza é de 4, e a súa densidade de 3,96. Presenta un brillo vítreo e unha cor amarela ou gris, e ás veces avermellada.